Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Punto Limpo de Eirís

Enderezo:

Rúa Santa Teresa de Jornet 2. 15009 A Coruña

Teléfono:

981 145 525 (Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos RSU)

981 170 004 (Eirís)

Horario:

Martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h

Luns e festivos pechado, así como o día 3 de novembro. No ano 2019, trasládase ao 16 de agosto (San Martín de Porres - Patrón do Servizo de Limpeza).

Días 24 e 31 de decembro: 11:00 h a 14:00 h

Consideracións xerais:

  1. Os puntos limpos son instalacións municipais gratuítas destinadas fundamentalmente ao depósito de determinadas tipoloxías de residuos municipais especiais, depositados pola poboación en xeral de forma voluntaria.
  2. O número e a localización dos puntos limpos é competencia do Concello, que terá en conta para iso os correspondentes estudos de viabilidade e funcionalidade deles.
  3. A xestión dos puntos limpos será realizada polo Concello a través da respectiva empresa concesionaria.
  4. Os residuos especiais para depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de pequenos produtores e non está permitida a súa utilización para residuos especiais de medianos ou grandes produtores, que deberán xestionar estes residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial toda a referida a residuos perigosos.
  5. En calquera caso, a entrega de residuos especiais nos puntos limpos non lles permite aos pequenos produtores de residuos perigosos o cumprimento das súas obrigas de xestión, a través de xestores autorizados, e da posesión dos documentos acreditativos de tal entrega a eles, conforme ao disposto na normativa galega.
  6. En ningún caso nos puntos limpos se entregarán ás súas persoas usuarias xustificantes de entrega de residuos.

Residuos admisibles nos puntos limpos:

Serán admisibles nos puntos limpos os seguintes residuos, debidamente separados e segundo as seguintes cantidades máximas estimativas por persoa e visita:

  • Aceite vexetal de cociña e aceite de automoción: 10 litros
  • Baterías de automóbiles: 1 unidade
  • Chatarras (1 saco)
  • CD, DVD, disquetes e casetes
  • Cristais planos, ventás e lámpadas (1 bolsa de lixo domiciliario), parabrisas (1 unidade)
  • Cascallos de obras menores domiciliarias (4 sacos)
  • Filtros de aceite: ata 2 unidades
  • Fluorescentes: 4 unidades
  • Fotocopiadoras e impresoras (1 unidade)
  • Mercurio de termómetro (é necesario levalo nalgún recipiente ou envase plástico hermético)
  • Pneumáticos de vehículos: ata 4 unidades
  • Palés de madeira: ata 2 unidades
  • Papel e cartón
  • Pilas, acumuladores e baterías (sen límite)
  • Poliespán (só os restos dunha embalaxe)
  • Plásticos e grandes embalaxes (ata 6 sacos)
  • Residuos perigosos do fogar (aerosois, disolventes, envases de pintura plásticos e metáticos, pegamentos, radiografías e siliconas): 5 unidades de cada tipoloxía.
  • Residuos voluminosos de liña branca (frigoríficos, lavadoras e electrodomésticos de grandes dimensións): 1 unidade de cada tipoloxía
  • Residuos voluminosos de liña marrón (colchóns, somieres, mobiliario e utensilios de uso común): 2 unidades de cada tipoloxía
  • Restos de podas e segas domésticas: 960 litros (equivalente á capacidade de catro colectores verdes situados na vía pública)
  • Roupa e téxtiles: ata 2 bolsas (destinada á Asociación Ecodesarrollo Gaia)
  • Sanitarios: máximo 4 unidades (non se admiten se son de fibra de vidro)
  • Teléfonos móbiles (3 unidades), ordenadores e, en xeral, aparellos electrónicos (1 unidade de cada tipoloxía)
  • Tóner (só de impresora)

Para os efectos deste artigo enténdese por saco aquel que pode ser cargado por unha única persoa sen axuda.

A tipoloxía de residuos sinalados poderá ser ampliada polo concello en función da demanda cidadá.

Condicións para a entrega:

  1. O traslado correrá a cargo da persoa produtora ou posuidora, que poderá levar o automóbil ata o colector do depósito.
  2. Os residuos non deberán estar mesturados entre si nin con residuos ordinarios.
  3. A empresa concesionaria da xestión do punto limpo poderá, por razóns xustificadas e debidamente documentadas no libro de incidencias da instalación, non permitir o depósito de residuos.
  4. O depósito dos residuos será realizado pola propia persoa usuaria das instalacións, segregando as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
  5. A reiteración na utilización do punto limpo implicará unha análise por parte da Inspección Ambiental Municipal, co fin de determinar unha utilización inadecuada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión