Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2016

O Goberno local someterá ao próximo Pleno o acordo para tramitar a declaración das Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local

outros espazos do litoral do municipio, así como a necesidade de “impulsar medidas que garantan a súa conservación”

O Goberno municipal someterá ao próximo Pleno municipal, que se celebrará o vindeiro día 10, o acordo para poder tramitar o procedemento que derive na declaración das Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e impulsar o plan de conservación e uso deste espazo natural, cuxa aprobación por parte da Xunta é condición necesaria para obter tal cualificación. "Tanto estas illas como outros espazos naturais do litoral do municipio, como son tamén os cantís da contorna da Torre de Hércules ou a ría do Burgo, contan cun altísimo valor natural e ecolóxico, que xustifica que desde a Concellería de Medio Ambiente se dea impulso a medidas coma esta, que garantan a súa conservación", indica a concelleira responsable desta área, María García, quen pon de relevo a "extraordinaria riqueza" que presentan espazos coma este, tan próximos ao núcleo urbano, e chama á responsabilidade colectiva na súa conservación.

Tal como trasladará García á comisión informativa desta área convocada para mañá, o Goberno local proponse iniciar o procedemento para solicitar a declaración ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o que precisa o acordo ca corporación municipal no que se exprese ese "compromiso formal" de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan a declaración. Neste sentido, indica que aínda que non é un trámite obrigatorio, o seu departamento traballa xa no borrador do Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local das Illas de San Pedro, que xa foi sometido a informe previo do servizo de planeamento e xestión urbanística do propio Concello e da dirección xeral de Sostibilidade e Costa e do Mar, da Xunta, "coa finalidade de garantir o cumprimento dos prazos previstos". Como fai notar a concelleira, as consideracións de ambos os dous informes foron introducidas na redacción deste borrador e trasladadas de novo ao departamento autonómico, co fin de que este emita o seu informe definitivo.

Con esta actuación, o Goberno local pretende recuperar a protección perdida deste espazo natural, que no ano xa 2009 obtivera a declaración de ENIL. Foi unha medida unicamente provisional, por un período de dous anos, e que non se prorrogou ao non ter presentado o ente municipal nese momento o Plan de Conservación que se lle requiría, e que si se remitiu ao organismo competente da Xunta en 2011. Con este traballo previo, a Concellería de Medio Ambiente busca agora a obtención da declaración definitiva das Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interés Local, unha consideración que permitirá consolidar e mesmo ampliar a súa protección.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión