Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

1.2 Proxectos de peonalización

Esta actuación consistiu na creación de máis superficie de espazo peonil. Aínda que ten lugar nun ámbito xeral, esta intervención centrouse preferentemente na contorna do corredor peonil da rúa Barcelona, co obxecto de lle outorgar unha maior dimensión a un espazo público que aquí ten un dobre significado. En primeiro lugar como espazo aberto e de esparexemento nunha zona con escaseza de parques, e en segundo lugar como elemento de dinamización da actividade comercial.

Outro ámbito de intervención é a contorna da praza das Conchiñas, o que permitirá aumentar a superficie e diversidade deste popular parque e mellorar a paisaxe urbana da contorna do Mercado Municipal.

Incremento da superficie peonil na rúa Entrepeñas.

Esta intervención permitirá aumentar a superficie peonil da rúa Entrepeñas, situada nas proximidades do corredor peonil da rúa Barcelona. O obxectivo perseguido é facilitar a mobilidade e a accesibilidade dos peóns, realzando a dimensión comercial da zona.

Reforma e mellora da accesibilidade e mobilidade na praza e Avenida das Conchiñas e contorna

Na actuación proxectada mantense a direccionalidade da avenida das Conchiñas, dotándoa dun viario de 3.50 metros de ancho para tráfico de coexistencia en plataforma única, zonas de aparcamento a ambos os dous lados de 2.20 metros de ancho e beirarrúas de 2.38 metros na aliñación dos impares e de 4.85 metros en aliñación dos pares (a asollada) dotada de arboredo e mobiliario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión