A coruña celebra o 18 de maio o Día Internacional dos Museos.
18/05/2013 ás 23:00
Xa rematou
O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade.
Este ano o tema internacional dos museos será (memoria + creatividade)= progreso social.
SALA PALEXCO Exposición Tres puntos non aderezados de José Pedro Croft 12.00 h Taller de escultura contemporánea para familias con nenos e nenas a partir dos 4 anos. Previa reserva Tel. 881 91 30 55
MUSEO ARQUELÓXICO CASTELO DE SAN ANTÓN 17.30 h Os ratos van ao mar de Trinketrinke.
Contacontos teatral para nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Lupiña, a ratiña de Lonxedetodo compartirá incribles contos sobre o mar, baleas e piratas.
PRAZA DE LUGO E OBELISCO18.00 h - 22.00 h Celebra os museos: debuxa! Convidamos os coruñeses a celebrar o Día dos Museos implicándose nunha actuvidade divertida e accesible para todos, debuxar. En caso de choiva realizarase nos soportais do Concello.
20.00 h Obelisco Concerto do grupo de Jazz Ensemble da Escola Municipal de Música da Coruña. En caso de choiva realizarase nos soportais do Concello.
CASA MUSEO MARÍA PITA 19.00 h Regueifas para María Pita Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas empregan a improvisación oral en verso para crear divertidas estrofas para María Pita.
CASA MUSEO PICASSO 20.00 h Microteatro con La Tuerka 27 Ópera Prima, O conto de Numa e Tinta e choiva son tres sorprendentes obras ligadas con arte e creación artística.
CASA MUSEO CASARES QUIROGA 21.00 h Música para Casares Concerto lírico da soprano Carla Romalde que interpreta algunhas das pezas que a Santiago Casares lle gustaba escoitar.
KIOSCO ALFONSO Exposición Ritmo mareiro de Vari Caramés 21.00 h Visita guiada exposición con Vari Caramés. Previa reserva Tel. 881 91 30 55.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible