Un ano máis, e xa son dezaseis, volve, coas festas de agosto Viñetas desde o Atlántico, como unha das citas máis esperadas do noso verán.
Dende o 05/08/2013 ata o 11/08/2013
Xa rematou
Entrada libre e gratuíta.
Ao longo dunha semana A Coruña vólvese converter nun cómic vivo: esculturas, murais, concertos, autores presentando as súas obras, exposicións, cursos, mesas redondas, sinaturas, …
A Rúa da BD, entre os Xardíns de Méndez Núñez, volve converterse en referencia editorial. Este ano intégrase máis na Feira do Libro, e prolóngase do 1 ao 11 de agosto.
... E isto só é posible coa complicidade de todos, que permitiu facer da nosa cidade un referente no mundo da historieta.
O núcleo das actividades xira arredor das exposicións, co Kiosco Alfonso como eixo central, onde tamén se realizan as conferencias e mesas redondas.
As exposicións e a biblioteca do cómic (en PALEXCO) prolongaranse ata o 15 de setembro.
EXPOSICIÓNS VIÑETAS 2013
Kiosco Alfonso (exposicións de obras dos seguintes autores):
- David Aja
- Baru
- Enrique Fernández
- Fausto Isorna
- Susanna Martín
Sala Municipal de Exposicións en PALEXCO:
- Frank Le Gall
- Max
E alí estará a Comiteca.
Palacio Municipal:
- El Supergrupo
- 40 anos de Súper López
Casa de Cultura Salvador de Madariaga:
- Panorama da BD Galega
Aquarium Finisterrae:
- O mar visto a través do cómic
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible