Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Xoves de música no Colón
Para público en xeral
14/04/2016
Este evento xa rematou
21 horas
Julio Suárez & The Backyards, cuxos componentes, ademais de Julio Suárez (voz e guitarras), son Fran Borrego (guitarras), Anxo Seco (órgano Hammond, pianos e sintetizadores), Andrés Saavedra (baixo) e Guillermo Borrego (batería e percusións), conforman unha banda de rock alternativo de evidentes influencias americanas, cunhas raíces que se poderían remontar a Lynyrd Skynyrd ou Neil Young, mostrando tamén unha clara afinidade cos actuais Drive-By Truckers ou Wilco. De todos os xeitos, o principal atractivo desta banda é un son propio no que destaca a particular e envolvente maneira de executar sobriamente os seus potentes arranxos. Se a iso engadimos o seu constante afán innovador e a melancólica e augardentosa voz de Julio cantando en español unhas letras escritas con esmero e precisión, pódese afirmar que Julio Suárez & The Backyards, tras só seis anos de existencia, conseguiron unha madurez e calidade incuestionables. Curiosamente, “backyards” significa “patios traseiros”, que tamén podería ser unha forma de lles chamar a eses lugares nos que ocorren as cousas que valen a pena.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible