Concello da Coruña

Concello da Coruña

CORUÑAFILM 2014

É un encontro anual organizado polo Concello da Coruña cuxo ámbito temático é a creación audiovisual a través da curtametraxe.

A quen vai dirixido?:

Profesionais do sector audiovisual, mozos creadores e estudantes, e público xeral.

Cando:

Os días 30/10/2014, 31/10/2014, 01/11/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Nas actividades con inscrición previa, enviar o formulario cuberto a corunafilm@coruna.es

Documentos:

CoruñaFilm 2014. Formulario de inscrición (209 KB)

Programa (677 KB)

A segunda edición de CoruñaFilm realízase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro no Ágora e conta con máis de 110 horas de programación que fan fincapé nas principais áreas que interveñen no proceso de creación cinematográfico: o guión, a dirección, a interpretación, a produción ou a distribución.

CoruñaFilm ten como obxectivo apostar pola creación audiovisual, apoiar e formar os novos creadores, difundir o patrimonio audiovisual contemplando diferentes puntos de vista, fomentar o intercambio, reflexionar sobre os novos modelos de produción e distribución… en definitiva, achegar o cinema a todos os públicos como vehículo transmisor de cultura.

CoruñaFilm está dirixido tanto a profesionais do sector, mozos creadores e estudantes, como ao público xeral. A programación contempla actividades formativas e exclusivas para participantes que xa dispoñan dunha experiencia previa no sector e outras orientadas a todo aquel que ame o cinema e queira aproximarse a el dunha forma didáctica. Doutra banda, CoruñaFilm inclúe actividades dirixidas ao público infantil e xuvenil para achegar o cinema a este público dende unha perspectiva máis lúdica.

Proxeccións de curtas, talleres formativos, actividades de titorización de proxectos, axudas ao financiamento de proxectos e curtametraxes xa realizadas, unha exposición, encontros entre profesionais da industria cinematográfica e unha rodaxe exprés dunha curta… máis de 20 actividades gratuítas dan forma a un encontro aberto para que todos os públicos vivan o cinema en primeira persoa. Unha oportunidade única para gozar do modelo cinematográfico actual da man dos seus protagonistas.

Actividades con inscrición previa e prazas limitadas

• CITAS DE CINEMA. É unha actividade de titorización dirixida a directores, guionistas ou produtores que desexen recibir orientación profesional sobre os seus proxectos audiovisuais, tanto en fase de desenvolvemento, como producidos. Profesionais: Manuel Gómez Pereira, Chus Gutiérrez, Beatriz de la Gándara e Millán Vázquez.

• RODAXE EXPRÉS CON EDUARDO CHAPERO JACKSON. O director de cine Eduardo Chapero-Jackson elixirá os integrantes do equipo técnico dun proxecto de curtametraxe que se rodará durante os tres días de CoruñaFilm e que se estreará na clausura do Festival.

• TALLERES. Talleres de 4 horas dirixidos a diferentes áreas de especialización cinematográfica.

  • Taller de guión inicial con David Planell
  • Taller de guión avanzado con Fernando León de Aranoa
  • Taller de cinema accesible con Iñaki Arrubla
  • Taller de interpretación inicial con Ana Gracia
  • Taller de interpretación avanzado con Ana Gracia
  • Taller de dirección de cinema inicial con Enrique Urbizu
  • Taller de dirección de cinema avanzado con Enrique Urbizu
  • Taller de novas formas de distribución dixital con Pablo Maqueda
  • Taller de financiamento de proxectos audiovisuais con Puy Oria

• RAPACES. Talleres para nenos e adolescentes. Impartidos por Illa Bufarda.

  • Taller de interpretación para adolescentes
  • Taller de dirección de curtas para nenos
  • Taller de dirección de curtas para adolescentes

• ÁREA PITCHING. Dirixida a todos aqueles que teñan un proxecto de curtametraxe en fase de desenvolvemento (que non se rodase). As persoas participantes deberán facer un pitch ante un xurado profesional. De entre todos os proxectos finalistas, o xurado elixirá o/ gañador/a. O premio consiste nunha axuda económica de 600 €.

• PREMIO CORUÑAFILM. Para apoiar os mozos creadores galegos entregarase un premio de 600 € á mellor curtametraxe, que se elixirá de entre todas as persoas presentadas.

 

Actividades abertas ao público sen necesidade de inscrición previa

• PRESENTACIÓN DO LIBRO "SIN CLAQUETAS, 40 HISTORIAS DE CINE" escrito por Javier Vasallo, ex-director de Buenavista España (Disney). O libro realiza un repaso pola longa traxectoria do autor por diferentes festivais nacionais e internacionais e o seu contacto directo con grandes estrelas do celuloide.

• UNHA NOITE CON... Entrevista ao actor Jorge Sanz conducida por Carmina Escrigas, xornalista e responsable de comunicación de CoruñaFilm.

• ENCONTROS CINEMATOGRÁFICOS:

  • Encontro Cine e perspectiva de xénero: mulleres directoras: Patricia Ferreira e Inés París.
  • Encontro Interpretación ante a cámara: a construción do personaxe. Fernando Andina e Ignacio Montes.
  • Encontro sobre guión: Carlos López e Diego San José.

• EXPOSICIÓN DE "MORTADELO Y FILEMÓN CONTRA JIMMY EL CACHONDO". Unha exposición aberta ao público recolle as ilustracións e os bosquexos que Víctor Monigote, director, realizou para a próxima película de Javier Fesser "Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo". Todos os bosquexos e debuxos foron realizados por Víctor Monigote, director artístico da película.

• PROXECCIÓNS DE CURTAMETRAXES

  • Unha ventá ao cine en curta catalá: Premios Gaudí 2014.
  • Unha ventá ao cine en curta galega: Premios Mestre Mateo 2014.
  • Palmarés festival de curtametraxes online Notodofilmfest.
  • Finalistas premio CoruñaFilm (dúas sesións)
  • #Sequence. Longametraxe colectiva de varios directores. Proxecto apadriñado por Montxo Armendáriz.
  • Estrea curtametraxe exprés dirixida por Eduardo Chapero Jackson.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión