Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2016

O Concello celebra o venres cun concerto o cambio de nome de catro rúas da cidade en cumprimento da Lei de Memoria Histórica

A medida afecta ás antigas Comandante Barja, Teniente Coronel Teijeiro, praza do Castillo de Olite e Sargento Provisional e, como indica o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, supón "o inicio do calendario da Memoria de 2016"

O Goberno local procederá o vindeiro venres, día 22, a modificar os nomes de catro rúas da cidade, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, unha medida que acompañará ese mesmo día cun concerto gratuíto a cargo da banda Os Tres Trebóns, tal e como anunciou este luns o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. O cambio de denominacións suporá, en palabras do responsable municipal, o “inicio do calendario da Memoria de 2016” e virá acompañado dun evento cultural, dentro do espírito que se lle quere imprimir a este proceso de recuperación da memoria no rueiro da cidade. De acordo coa decisión municipal, a rúa Comandante Barja pasará a denominarse rúa de Riazor, mentres que a do Teniente Coronel Teijeiro denominase rúa da Filantropía, e a praza do Castillo de Olite converterase na praza Tornos. Por último, a rúa Sargento Provisional mudará o seu nome en favor do do pintor coruñés Alberto Datas Panero, falecido en 2007 e que está considerado como un dos artistas galegos máis importantes da segunda metade do século XX.

O Concello programa para o mesmo venres o Concerto pola Recuperación da Memoria Histórica, un espectáculo aberto a todas as persoas que queiran asistir e que terá lugar na sala Garufa Club, situada na antiga rúa Comandante Barja –unha das que cambia a súa denominación–, a partir das 22.00 horas (apertura de portas). Os Tres Trebóns estarán acompañados de Peixe Gordo Picadiscos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión