Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
É un sistema que mide as características físicas e químicas da auga para determinar que a súa calidade sexa a óptima para o consumo. A auga agora contrólase antes de captación no encoro de Cecebre.
Con este proxecto de Coruña Smart City coñecerase en detalle a calidade da auga que chega ás nosas casas.
Como funciona?
Mediante a instalación de dispositivos e sensores capaces de medir as características físicas e químicas da auga.
Para que serve?
Este sistema axudará a garantir que a auga potable que chega á cidadanía sexa de excelente calidade e ademais alertará sobre posibles anomalías nas condicións da auga. Doutra banda, o sistema tamén medirá as condicións da auga das praias, desta maneira os seus usuarios poderán coñecer a súa calidade, temperatura, ondada, correntes e estado en xeral evitando calquera tipo de problema.