Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Coñece a cidade empregando o teu dispositivo móbil e esta aplicación de Coruña Smart City que che propón visitas guiadas, rutas ou itinerarios con tecnoloxía baseada en GPS e realidade aumentada.
¿Como funciona?
Está orientado a ofrecer unha experiencia interactiva dos puntos de interese da cidade. Ofrecerá diferentes rutas de visitas á cidade nas que se proporcionará información relevante dos principais puntos de interese de forma interactiva. A información de cada punto inclúe descrición, comentarios e valoracións doutros usuarios ou accesibilidade.
As visitas guiadas con realidade aumentada están dispoñibles a través deste portal e dunha app gratuíta.
¿Para que serve?
Haberá dous grandes tipos. As rutas de exterior, que estarán formadas por puntos de interese como monumentos, lugares, edificios…. As rutas de interior realizaranse en lugares tales como museos ou salas de exposicións.