Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Rega intelixente

Trátase dun sistema de rega automatizada que permitirá regar só cando as plantas o necesiten. Poderase reducir ata nun 25% o consumo de auga nos 13 parques seleccionados para o piloto.

Parque dos Menhires nas proximidades da Torre de Hércules

A mellora da xestión da rega permite un importante aforro de consumo enerxético

Como funciona?

Instalarase nos parques e xardíns da cidade unha serie de dispositivos para medir a humidade e condicións da terra e das plantas. Estes sensores ou dispositivos captarán a información para enviala á plataforma tecnolóxica de Coruña Smart City, que á súa vez estará conectada coas estacións meteorolóxicas da cidade.

Para que serve?

Ao conectar os parques e xardíns coas estacións meteorolóxicas, o sistema de rega intelixente será capaz de activarse só cando sexa necesario, evitando así o desperdicio de auga. Por exemplo, se o sistema detecta que a terra dun dos paques non está suficientemente húmida pero que a previsión do tempo dá choiva, a rega non se activará, en cambio se a previsión do tempo é que non chova, a rega si se activará.

Este sistema estará implantado, nesta primeira fase, en 13 parques e xardíns da cidade, con plans de apliación á totalidade de espazos verdes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Este proyecto se cofinancia al 80% por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Iniciar sesión