Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O concepto datos abertos (open data) é unha filosofía e práctica que persegue que determinados tipos de datos estean dispoñibles de forma libre para todo o mundo.
Esta iniciativa, por alcance de servizos, situará á cidade da Coruña como referente nacional de apertura de datos municipais cara aos cidadáns. Cóbrese deste xeito, un obxectivo identificado como prioritario: a democratización dos servizos ao cidadán. A estratexia OpenData identifícase tamén como favorecedora de iniciativas que impulsen a competitividade do sector privado.
A plataforma Coruña Smart City integra datos que recompila de fontes diferentes para xerar servizos de maior valor engadido. Os datos Smart recompilados e que sexan públicos, poden ser consultados por terceiros.
A través do portal Open Data o cidadán pode consultar por exemplo, datos de poboación extraídos do padrón da Coruña, datos de ingresos e vehículos extraídos do sistema de xestión do IVTM ou datos relativos a usos do cartón cidadán: Millenium.
>> Acceso a portal Open Data <<