Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Sostenibilidade Coruña Smart City

O proxecto Coruña Smart City non termina cos 14 proxectos pilotos. O obxectivo é que este sexa o comezo dun novo modelo de cidade.

Imaxe da cidade a través do visualizador eVidens

Imaxe da cidade a través do visualizador eVidens

Ao longo do primeiro semestre do 2015 entrarán en funcionamento os diferentes proxectos piloto que compoñen Coruña Smart City. Pero o proxecto de cidade intelixente da Coruña non termina aquí. Isto é só o inicio dun novo modelo de cidade que traerá consigo cambios na forma de xestionar os servizos, na relación do cidadán coa administración, para que esta sexa máis rápida e directa.

O Concello, en pararelo, xa traballa en novos proxectos piloto que permitan implantar na Coruña máis solucións urbanas innovadoras. Ademais, o obxectivo é que outras entidades poidan facer uso das potencialidades da gran plataforma tecnolóxica, o cerebro da cidade, para impulsar o desenvolvemento de novas ferramentas tecnolóxicas que fagan a vida dos coruñeses máis fáciles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Este proyecto se cofinancia al 80% por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Iniciar sesión