Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de marzo de 2021

Os Museos Científicos participan nun proxecto europeo sobre recursos educativos dixitais

A Domus intervirá cun obradoiro en liña deseñado sobre a exposición “Bocados”

A Domus, da rede de Museos Científicos municipais, participará en Europeana, un espazo dixital europeo en que conflúen milleiros de arquivos, bibliotecas e museos para compartir a herdanza cultural con fins educativos, de investigación e divulgación. Así os Mc2 do Concello da Coruña responden ao convite que lles fixo Europeana aos museos europeos para deseñaren espazos de aprendizaxe que combinen recursos dixitais coas súas propias exposicións.

Neste sentido, a Domus está a participar cun obradoiro en liña deseñado sobre a exposición "Bocados", en que se realizan actividades como o recoñecemento de grans e plantas de cereais, creación de froitas en origami e experimentos de cociña molecular. Este taller preséntase como un exemplo de boas prácticas na rede de museos NEMO (Network od European Museum Organizations).https://www.ne-mo.org/news/article/nemo/exclusive-webinar-for-nemo-working-group-lem-the-learning-museum.html

"A divulgación do coñecemento científico é un dos sinais de identidade da nosa rede de Museos Científicos, cuxo prestixio é coñecido e recoñecido en toda Europa, o que fai que se sitúe así como unha referencia non só local ou galega, senón internacional, máis necesaria que nunca nos tempos presentes, onde a ciencia está a reivindicar toda a súa importancia", sinalou ao respecto a alcaldesa Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Este proyecto se cofinancia al 80% por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Iniciar sesión