A Coruña City Council

A Coruña City Council
ruta do vento

Móvete con nós! Ruta do Vento de Trabada

A Ruta do Vento (PR-G 83) percorre o concello de Trabada, na Mariña luguesa. É un itinerario circular que discorre case na súa totalidade por pistas e camiños de pendente suave. Ofrece unha visión moi completa da paisaxe desta zona de montaña.

A quién va dirigido:

Para público en general

Dates:

07/11/2026

It has already ended

Registration date:

Apertura de inscricións: venres 30 de outubro ás 10.00 h 

️Inscricións e pagamento: accede ao formulario de inscrición️

Horario:

•Saída: 7.45 h desde a Ronda de Outeiro, 217 (preto da entrada do aparcadoiro do Mercadona).

- Haberá paradas na Cafetería Os Carballos (7.50 h), no viaduto da Ronda de Outeiro coa rúa Cabaleiros (7.55 h), no Fórum Metropolitano (8.00 h) e no Carrefour de Alfonso Molina (8.10 h).

•Parada para o café: arredor das 9.45 h, o máis preto posible do inicio da ruta.

•Inicio da camiñada: 11.00 h, na Área Recreativa de Chao do Couso.

•Volta: a ruta remata na Área Recreativa de Chao do Couso arredor das 16.30 h. A chegada á Coruña está prevista ás 18.15 h aproximadamente.

Precio:

Información sobre o pagamento

Importante: durante o pagamento, non cerres nin abandones o formulario ata que vexas a mensaxe de confirmación. Só entón a túa inscrición quedará rexistrada correctamente.

  • Cota inicial de socio/a (anual). Págase unha soa vez a tempada, que comprende de outubro do 2026 ata xullo do 2027, coa primeira saída que realizo.
  • Rutas para persoas adultas (fácil, media e avanzada): 20 €
  • Rutas familiares: 10 € (só aboan as persoas adultas; os/as menores están exentos/as). Recordamos que estas rutas son para facer con nenos e nenas.

Cota por saída. Págase en cada ruta na que participes.

  • Rutas para persoas adultas (fácil, media e avanzada): 15 €
  • Rutas familiares: 12 € por persoa adulta e 10 € por menor

Organiza:

IMCE

Desde o alto de Cerrochán e o miradoiro de Pena Gorda, dous dos puntos máis elevados da contorna, desfrutaremos de amplas vistas panorámicas. Ao longo do camiño atravesaremos zonas de monte baixo, onde é habitual ver cabalos salvaxes, e tamén bosques de coníferas. Pasaremos ademais polas fragas de Cabanela e Vilapena, un dos bosques autóctonos máis valiosos da zona pola súa diversidade vexetal.

Ao ser unha zona alta e aberta, o vento e a néboa poden facer acto de presenza, polo que convén ir ben abrigados.

  • Distancia: 13,11 km.
  • Desnivel: 390 m positivos e 390 m negativos.
  • Nivel: medio 🟢.

Que levar

Leva comida e bebida suficientes para toda a xornada, xa que é unha ruta longa. Tamén necesitarás roupa de abrigo e cortavento, chuvasqueiro e calzado de sendeirismo axeitado á previsión do tempo. Non esquezas o botiquín, o chaleco reflector, a lanterna, o asubío e o móbil ben cargado.

PRÓXIMAS RUTAS:

  • Ruta de Mariñán - 8 de novembro - familiar
  • Circular do Pindo-Ézaro: 13 de novembro - avanzada

A información das ditas rutas enviaráselles por correo electrónico ás persoas subscritas e publicarase na web o mércores da semana anterior á ruta, xa que a inscrición sempre será o venres anterior á súa realización.

No caso de non estar subscrito/a, póñase en contacto: 

Mediante mesaxe de Whatsapp ao programa de lecer 645 809 172 ou mediante correo a: programadelecer@sportmadness.club

A inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada e o pago realizarase mediante tarxeta bancaria no momento de facer a inscrición a través da web.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión