85 resultados
O Pleno do Concello da Coruña estableceu o 11 de febreiro de 2008, as bases reguladoras das subvencións xestionadas polo Servizo de Mobilidade Urbana a outorgar por esta entidade local a favor de persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan iniciativas, proxectos ou actividades que supoñan a promoción dunha finalidade pública competencia do devandito Servizo.
Sendo publicado no BOP Nº 47 do 26 de febreiro de 2008, entrando o vigor o 11 de marzo de 2008.
CRITERIO INTERPRETATIVO do artigo 5 da Ordenanza reguladora da concesión de axudas
É obxecto desta ordenanza regular, para o municipio da Coruña, a obriga de conservación e rehabilitación de terreos, construcións e edificios, co fin de mantelos en estado de seguridade, salubridade, funcionalidade e ornato público, garantíndose as condicións requiridas para a súa habitabilidade e uso efectivo, así como as medidas por incumprimento das devanditas obrigas. Regúlanse, ademais, a determinación dos supostos legais de ruína dos inmobles e o informe de avaliación dos edificios.
A cédula urbanística configúrase como un documento público administrativo, acreditativo do réxime urbanístico a que se atopan sometidas as leiras do termo municipal, tanto se están edificadas como libres de edificación, o cal se constitúe en instrumento adecuado para plasmar na práctica o dereito á información urbanística que se recoñece a todo administrado, segundo o principio de publicidade do plan.A ordenanza establece o contido da cédula urbanística e as normas que regulan a súa expedición e tramitación.
Publicada no BOP Nº 97. Venres, 30 de abril de 1999
Esta Ordenanza regula as condicións para a obtención de axudas para as obras de pintura de fachadas exteriores e reparacións menores das mesmas, así como para a substitución de carteis e rótulos, co fin de unificar o modelo dos mesmos, no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería
Aprobación definitiva ordenanza local para regular a convivencia e o lecer no espazo público da cidade da Coruña publicada no BOP núm 142 de 21 xuño 2008
Ten por obxecto o presente Regulamento o regular o funcionamento do servizo de abasto público nos mercados municipais, así como establecer o réxime administrativo dos mesmos
Publicado no BOP núm 4 de 5 de xaneiro de 2007
Aprobación definitiva Ordenanza Municipal reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos.
resultados 85
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible