Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Para nós o Estadio Municipal de Riazor seguirá sendo "Riazor"

Amosamos a nosa desconformidade a respecto da autorización dada polo Goberno municipal ao novo nome do Estadio Municipal de Riazor.

Tras a aprobación hoxe da autorización ao Real Club Deportivo para o uso comercial da denominación "Estadio Abanca Riazor", entendemos, independentemente de que só se permita este uso nos ámbitos futbolísticos no que participe o Dépor, que as instalacións son públicas polo que o nome debería permanecer inalterado.

Vimos de amosar publicamente hoxe á mañá a nosa desconformidade a respecto da aprobación da autorización ao Real Club Deportivo, e para uso nos ámbitos futbolísticos no que participe, da denominación "Estadio Abanca Riazor" para as instalacións municipais de Riazor.

Entendemos que, ao ser o Estadio de Riazor de titularidade pública municipal, e que en virtude do convenio asinado no ano 2000, é cedido para as competicións que disputa o Dépor, ao se tratar dun patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses, e independentemente de que ese nome só se aplique para o "ámbito futbolístico", a nova denominación representa unha perda de identidade en beneficio dunha entidade privada sen unha compensación ao interese xeral da cidade da Coruña.

Somos conscientes de que a situación económica pola que atravesa o Real Club Deportivo fai que teña que buscar alternativas de financiamento. E os acordos aos que chegue con terceiros para solucionalos rexeranse polos termos que crea máis oportunos. Mais isto non pode ser unha escusa que xustifique empregar o convenio de colaboración asinado no seu día co Concello da Coruña, e polo cal se lle fai unha cesión dunha instalación pública, para que o Goberno municipal autorice a publicidade por intereses comerciais a unha terceira entidade privada, neste caso bancaria. Desde logo cremos que a única beneficiaria da operación é esa entidade, sen que exista ningunha contraprestación ao conxunto da veciñanza, ademais de supoñer unha simbólica perda patrimonial.

Bloque Nacionalista Galego

Datos de contacto

Enderezo: rúa Damas, 4, baixo.15001, Cidade Vella, A Coruña.

Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398

Correo electrónico: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal

Propostas e opinións

resultados 1

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión