Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PP presentará unha moción para esixir que as ocupacións ilegais sexan obxecto de xuízos rápidos

O Grupo Popular levará a Pleno a adhesión á Proposición Non de Lei aprobada polo Parlamento de Galicia o 21 de xuño para dar resposta aos problemas por ocupación ilegal contra a vontade dos/as propietarios/as.

A PNL, e por tanto a moción, tamén demanda o reacollemento cando se trate de familias en risco de exclusión social.

Os populares tamén esixen que Ferreiro cumpra a moción aprobada en abril e proceda de maneira inmediata ao desaloxo das instalacións da antiga Comandancia.

O Grupo municipal Popular presentará unha moción no Pleno ordinario do 3 de xullo para que a Corporación municipal se adhira á Proposición Non de Lei presentada polo PP no Parlamento de Galicia sobre ocupacións ilegais e aprobada o pasado 21 de xuño tras ser transaccionada co Grupo Socialista.

Na devandita iniciativa solicítase unha mellora do marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles, en concreto unha modificación do Código Penal, a potenciación dos xuízos rápidos como procedementos modelo para os delitos de ocupación de inmobles ou a adopción de medidas cautelares para o desaloxo desde o comezo da instrución sumarial.

A Proposición tamén incorpora a elaboración dun protocolo entre a Delegación do Goberno e a Fiscalía Superior co fin de que se promova que os delitos relacionados coa ocupación de inmobles sexan obxecto de xuízos rápidos.

Ademais, nos casos nos que os ocupantes sexan familias en risco de exclusión social, demándase que se arbitren, en colaboración cos concellos, as medidas necesarias para o seu reacollemento a través dos distintos programas da Xunta de Galicia.

Na actualidade, e tamén na nosa cidade, hai grande alarma social ante os grupos de delincuencia organizada que detectan pisos baleiros e, despois de ocupalos ilegalmente, especulan coas vivendas.

OKUPACIÓN ILEGAL COMANDANCIA

Sobre as ocupacións ilegais na nosa cidade, é necesario lembrar que no Pleno municipal de abril de 2017 aprobouse unha moción na que se insta a Ferreiro a proceder de maneira inmediata e urxente ao desaloxo das instalacións da antiga Comandancia de Obras, ocupadas ilegalmente desde hai máis de oito meses e nas que se realizan obras e actividades ilegais, sen que ata agora adoptase ningunha medida a pesar de ser o responsable do mantemento e a custodia das instalacións.

Por tanto, nesta moción tamén se insta a Ferreiro a cumprila e que non o faga só coas que contan co voto a favor do seu grupo municipal, facendo un uso sectario dos acordos plenarios.

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión