Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PP esíxelle a Ferreiro que deixe de ser un alcalde virtual a tempo parcial

Ferreiro estivo fóra 20 días dos últimos setenta, polo que as súas ausencias, a maioría para reunións rebeldes, son cada vez máis frecuentes a pesar de que non ofrecen solucións para os problemas dos coruñeses

O Grupo municipal Popular critica que Ferreiro sexa un alcalde a tempo parcial, entre viaxe e viaxe a encontros, reunións e charlas rebeldes e esíxelle que se centre ao cento por cento na cidade, máis tendo en conta o fracaso da súa xestión que levou á Coruña de ser a locomotora socioeconómica de Galicia ao furgón de cola, a ser a campioa do paro, á parálise na execución orzamentaria e ao abandono xeneralizado dos barrios.

Nos dous meses e medio últimos, Ferreiro estivo fóra da cidade ata en 20 días total ou parcialmente de setenta. Se repasamos a axenda do alcalde do último trimestre, entre abril, maio e xuño, Ferreiro estivo en abril en Barcelona (8), China (18 ao 23), Ames (25) e Viana do Castelo (Portugal) (28 e 29); en maio en Zaragoza (4) e Madrid (17) e en xuño en Lisboa (Portugal), Braga (Portugal), Barcelona, Madrid e Ourense, a maioría de citas para reunións con dirixentes podemitas ou mareantes co único fin de facerse unha foto de grupo sen contido útil para os coruñeses salvo as reunións do Arco e Eixo Atlántico.

A realidade é que entre Ferreiro, o resto de concelleiros e o seu persoal de confianza xa viaxou pagado por todos os coruñeses a Irlanda, (Dublín), Portugal (Sta. María da Feira, O Porto, Braga, Viana do Castelo, Barcelos, Punta Delgada), China, Francia (Brest), Bélxica (Bruxelas), Italia (Calabria), Inglaterra (Londres), Suecia (Halmstad) ou Eslovaquia, ademais de innumerables viaxes por Galicia (Vigo, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Santiago, Lalín etc.) ou o resto de España (Madrid, Barcelona, Pamplona, Hospitalet, Zaragoza, As Palmas, Sevilla, Oviedo etc.), sen que se saiba a utilidade para os coruñeses destes desprazamentos máis aló de encher o currículo dos seus concelleiros e asesores para cando deixen María Pita.

Mentres, os traballadores de bibliotecas seguen cos seus empregos no aire, os de museos científicos continúan en precario, os veciños de Eirís cántanlle as corenta, os okupas ilegais continúan na Comandancia, os coruñeses pagan o IBI nada máis aboar o IVTM, a Epa reflicte que aumenta a taxa de paro en 2.700 persoas, deixa sen executar 62 millóns en 2016 e pon trabas a todo o relacionado co sector socioeconómico, por citar só algúns exemplos.

As ausencias de Ferreiro da cidade son cada vez máis frecuentes a pesar de que a maioría das reunións e actos aos que acode non serven para atopar solucións aos graves problemas dos coruñeses. O PP esíxelle a Ferreiro que rectifique porque a cidade non pode continuar máis tempo cun goberno virtual como o actual, porque ou está de viaxe ou está nos despachos paralizado e acomodado.

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión