O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
O Partido Socialista comprometeuse a incrementar o apoio que desde María Pita se lle vén ofrecendo á Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), co fin de garantir a súa actividade e fomentar o desenvolvemento de novos programas de saúde.
O portavoz socialista, José Manuel García, destacou o importante traballo que realiza ABAC na cidade e na provincia, na prevención e intervención dos trastornos da conduta alimentaria. Na súa visita á sede de ABAC, no Barrio das Flores, acompañado pola edil Pilar Neira e a secretaria de Políticas Sociais do PSOE, Rosa Barreiro, coñeceu as instalacións, así como os programas que veñen realizando para atender enfermidades que afectan a entre un 5% e un 6% dos adolescentes, segundo datos da OMS.
A entidade, fundada en 1996 por familias de persoas con trastornos da conduta alimentaria, conta con apoio de diferentes administracións, entre elas o Concello, aínda que resulta insuficiente para manter a actividade e reforzar os programas de saúde que veñen realizando.
Neste sentido, o portavoz socialista destacou o compromiso do Grupo Municipal Socialista, que defendeu no actual mandato o mantemento dos convenios nominativos coas entidades sociais, que como ABAC realizan un labor notable na cidade, e comprometeuse a traballar en novas fórmulas que permitan mellorar o apoio do Concello a ABAC.
José Manuel García agradeceulle á dirección de ABAC o traballo que veñen desenvolvendo desde 1996. Desde 2013 veno facendo na sede do Barrio das Flores, un inmoble cedido no seu día polo goberno socialista.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
25 de maio de 2018
O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
22 de maio de 2018
21 de maio de 2018
22 de maio de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible