Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE comprométese coa veciñanza de San Pedro de Visma a defender melloras de mobilidade

O Grupo Socialista recolle demandas da asociación veciñal para completar os accesos e potenciar o transporte público. Os socialistas chamamos a atención sobre a baixa actividade do centro cívico e as trabas que sofre a entidade para participar na organización de actividades

O Grupo Municipal Socialista comprometeuse coa veciñanza de San Pedro de Visma a defender a mellora da mobilidade no barrio, principalmente con novos accesos desde a Terceira Rolda e con boas conexións do transporte público. O portavoz socialista, José Manuel García, destacou a importancia de escoitar as asociacións de veciños e atender as súas demandas para xerar maior calidade de vida.

Así, a asociación de veciños, que preside Fernando Fernández, trasladoulles aos socialistas a necesidade de desenvolver proxectos para completar os accesos ao barrio. Neste sentido, segue pendente de resolver a titularidade de parcelas afectadas para coñecer a posibilidade de abordar estas actuacións.

Na mesma liña, a veciñanza expresou o seu malestar polas malas comunicacións que teñen por transporte público, con poucas liñas e peores frecuencias, o que dificulta a comunicación con centros sanitarios e outros puntos de interese da cidade.

Así mesmo, os socialistas recollemos a proposta da asociación de veciños para crear un aparcadoiro nas instalacións de fútbol, en previsión de cando se poñan en uso, e de recuperar un espazo nas súas inmediacións para convertelo en praza pública, da que agora carece o barrio.

O PSOE tamén comprobou a baixa actividade do centro cívico e interesouse pola organización das actividades do mesmo. De feito, nestes momentos a asociación de veciños non pode participar na coxestión das actividades nin organizar as súas propias por incapacidade de competir co programa municipal. Os socialistas entendemos que a relación entre a concellería e as asociacións veciñais debe servir para adecuar a programación á demanda e garantir o éxito.

Na reunión coa asociación de veciños, na que participaron a edil Pilar Neira; a secretaria de Barrios, Cristina Otero, e o secretario de Educación, Jesús Javier Celemín, os socialistas comprometémonos a trasladarlle estas propostas ao pleno municipal.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión