Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE leva a pleno unha iniciativa para buscar solucións ao problema da planta de lixo de Nostián

O portavoz socialista, José Manuel García, anuncia unha moción para que se elabore un prego que recolla as necesidades ambientais da cidade e se garanta o cadro de persoal. Considera preocupante que o Concello non saiba que facer cos seus residuos e deixe en mans do Consello Consultivo a data de vencemento da concesión

O Partido Socialista levará a pleno os problemas de xestión da planta de Nostián. O portavoz socialista, José Manuel García, adiantou a presentación dunha moción para que o Concello e Albada sexan capaces de acadar un acordo sobre o funcionamento das instalacións mentres dura a concesión e co fin de que se elabore un novo prego que recolla as necesidades ambientais da cidade, que se adapte ás novas esixencias técnicas e garanta a estabilidade do persoal.

Tras unha reunión recente entre o PSOE e as persoas traballadoras de Nostián, o portavoz socialista puxo sobre a mesa o momento complicado que atravesa a planta, na que a empresa concesionaria se quere ir porque di que as contas non lle dan e o Concello non quere que se vaia pero tampouco ten un plan alternativo. Polo medio, o problema da xestión dos residuos e o problema do persoal, unhas 100 persoas traballadoras ameazadas por despedimentos e rebaixas salariais dun 18%.

José Manuel García chamou a atención sobre esta situación e denunciou un problema grave de xestión do Concello, que deixou en mans do Consello Consultivo a decisión sobre a data de vencemento da concesión e carece de estratexia para dar solución aos residuos da cidade.

Hai tres alternativas para os residuos que se rexeitan, como son a incineración; a incineración máis un vertedoiro, e o vertedoiro sen incineración. Agora os residuos que se rexeitan na cidade van a un vertedoiro privado, que é a peor das solucións, e o goberno local non ten alternativa mentres espera o ditame do Consello Consultivo, déalle a razón ao Concello ou déalla a Albada.

Por iso, os socialistas levaremos unha moción ao pleno co fin de que se poña a traballar xa nun novo prego que recolla necesidades e cuestións técnicas, así como garantías para o persoal co fin de que estea preparado para adxudicar de novo a concesión da xestión da planta para o momento no que finalice a actual, con Albada ou sen ela.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión