Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE mostra o seu apoio aos plans de mellora da nova directiva do Club do Mar

O portavoz, José Manuel García, e a secretaria xeral da Agrupación Socialista, Eva Martínez Acón, visitaron as instalacións e valoraron o compromiso do club co fomento da actividade deportiva, social e cultural

O Partido Socialista comprometeuse co Club do Mar a apoiar as propostas da nova directiva, encamiñadas a mellorar as condicións das instalacións e a súa contorna. Así llo transmitiu o portavoz socialista, José Manuel García, e a secretaria xeral da Agrupación, Eva Martínez Acón, nunha visita á entidade na que tamén participaron a edil Pilar Neira e a secretaria de Deportes, Ana Yaquimenko.

Os socialistas percorreron as instalacións e coñeceron en detalle os plans que pretende levar a cabo a nova directiva que presiden Ángel Garmendia. Desde o PSOE valorouse o traballo e o compromiso da entidade cos barrios da súa contorna e coa cidade, no fomento da actividade deportiva, social e cultural.

A importancia do Club do Mar, polo amplo número de socios e actividades que desenvolve, é un punto fundamental na vida deportiva e social de Monte Alto e Durmideiras, o que supón unha necesaria renovación das instalacións, tanto no interior como no exterior, que o PSOE viu con bos ollos.

Neste sentido, desde o Partido Socialista sempre se destacou o esforzo desta entidade para facer un barrio máis acolledor e con mellores servizos.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión