Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE pon sobre a mesa que Marea non está a cumprir os compromisos dos orzamentos de 2016, 2017 e 2018

O portavoz socialista, José Manuel García: "Que non conten co noso voto no ámbito orzamentario mentres non aclaren por que estes proxectos non se levan a cabo"

O Partido Socialista puxo sobre a mesa os reiterados incumprimentos de Marea Atlántica ao deixar sen executar a maioría dos proxectos incorporados polos socialistas nos orzamentos municipais de 2016, 2017 e 2018. O portavoz, José Manuel García, apuntou que "ou aclaran os motivos polos que non se realizaron estas actuacións ou que non conten co voto do PSOE no ámbito orzamentario".

Marea Atlántica non fixo nada para poñer en marcha as bolsas de emprego do 2018, cunha achega de 500.000 euros, pero tampouco deu pasos para facer realidade o distrito universitario dos Mallos, proposta do 2016 cun investimento inicial de 430.000 euros. Por non facer non fixo nada para implantar o bonobús para voluntariado de ONG, cun investimento de 110.000 euros, partida incorporada ás contas do 2017.

José Manuel García foi claro na súa exposición ao subliñar que Marea Atlántica "non está a cumprir" e para avanzar nos próximos meses o grupo de goberno terá que lles presentar aos socialistas un plan de cumprimento dos compromisos adquiridos e que maioritariamente seguen pendentes de executar.

Son innumerables os proxectos incorporados ao orzamento do 2016 que seguen en lista de espera: plan de substitución xeracional no comercio; cidade dos nenos; biblioteca en Novo Mesoiro; mobilidade en Santo Agostiño; ecobarrio en Elviña...

Tampouco se avanzou na execución dos compromisos do 2017, como son a renovación dos centros asociativos e cívicos de García-Sabell, Barcarola, Birloque, Ventorrillo... Nin se desenvolveu a escola municipal de rugby, nin a de deporte adaptado, nin se acondicionou o campo da Zapateira. Dos orzamentos do 2018, seguen pendentes as bolsas de emprego.

Si se levaron a cabo algúns dos compromisos, como o plan de turismo e as campañas de divulgación para a loita contra a violencia de xénero. Outros proxectos do 2016 aínda están en concurso, como os obradoiros do mercado de Elviña, ou acaban de iniciarse as obras, como a renovación das galerías comerciais de Durmideiras, a pesar de que é unha actuación prevista para o ano 2016.

Este balance correspóndese cos problemas de xestión que Marea Atlántica puxo de manifesto nestes anos na cidade, tal e como apuntou o portavoz socialista, José Manuel García, que reiterou que os proxectos se expuxeron en clave cidade e que o PSOE sempre defendeu estas actuacións por interese da Coruña, en resposta a demandas veciñais e á marxe de intereses partidistas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión