Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de maio de 2020

A humanización de Severo Ochoa contará cun carril bici bidireccional, vexetación e beirarrúas máis anchas

O Goberno local investirá un millón de euros en reorganizar o tráfico no polígono de Agrela, onde se gañará máis espazo para as e os peóns e disporase de 44 prazas de aparcamento novas

O concello inviste 951.356,27 euros na humanización do polígono de Agrela, en concreto da rúa Severo Ochoa, en que se reorganizará o tráfico coa construción dun carril bici bidireccional e as prazas de aparcamento pasarán a ser en batería. Os traballos enmárcanse dentro da Estratexia Eidus Coruña e estarán financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. A actuación, que lle afectará á marxe dereita da vía, terá unha lonxitude aproximada de 700 metros, desde o cruzamento coa rúa Galileo Galilei até a rotonda que está na intersección coa rúa Newton. Aumentarase a beirarrúa, que se pavimentará con formigón e disporase dun carril bidireccional para as e os ciclistas, de 2,5 metros de ancho.   

Na medianeira, plantaranse árbores de gran porte nun espazo de 3,5 metros de ancho cunha beiravía de 0,25 metros e realizaranse escavas, sempre que a superficie das beirarrúas o permitir, ademais dun separador de terra dun metro de ancho entre o aparcadoiro e o carril bici. As prazas disporanse en sentido oblicuo e ocuparán 5,5 metros cada unha delas. Nun tramo, substituirase a medianeira por unha barreira coa que se gañarán máis metros para un terceiro carril e manter así á vez o xiro á esquerda. Os dous carrís de circulación son de 3,25 metros e o engadido medirá 2,8 metros.

Ademais, proxectaranse tres paradas de autobús, en que se incorporarán vexetación, bancos de formigón, un novo paso peonil e mobiliario. 

Das 25 prazas de aparcamento en batería -das que catro son prazas para persoas con mobilidade reducida-, a rúa contará con 134 prazas nesta disposición tras reconverter as 66 que había en liña. A reorganización permite que a zona pase dunha capacidade para 100 vehículos a capacidade para poder estacionar 144. Canto á reserva de prazas para transportes lixeiros, na actualidade existen nove en liña e, coa nova planta, proxectaranse catro en liña e 3 máis en batería. 

Por último, será necesario dispor dalgúns sistemas de drenaxe, iluminación e outros servizos, así como adecuar a sinalización existente. Na rúa, proxectaranse redes de separación, un colector de 315 mm para saneamento e un segundo colector de 400 mm para pluviais. Tanto para a iluminación como para a rede semafórica, cómpre executar novas canalizacións que conectarán os novos elementos á rede existente. De acordo coa normativa vixente, colocarase a sinalización vertical e horizontal oportuna no carril bici, nos pasos de peóns e no resto da vía para a circulación dos vehículos. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión