Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2020

Concello e Xunta acadan un principio de acordo para impulsar a construción do novo hospital

Inés Rey: “O concello ofrecerá a máxima colaboración institucional neste proxecto, xa que se trata dunha actuación imprescindible”. Acordouse tramitar o novo hospital mediante un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal ao ofrecer maiores garantías e axilidade para este tipo de actuacións.

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, mantiveron hoxe unha reunión telemática coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co fin de impulsar a construción do novo hospital. A alcaldesa asegurou que o concello ofrecerá a máxima colaboración institucional neste proxecto, xa que se trata dunha actuación imprescindible cuxa necesidade quedou aínda máis referendada coa crise da COVID-19.

Rey acordou que a tramitación de ampliación do CHUAC se leve a cabo mediante un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, co fin de axilizar a súa aprobación urbanística. Ademais, determinouse que o axente expropiante, a Xunta de Galicia, defina, no borrador do convenio que enviará hoxe mesmo, as achegas do concello para as devanditas obtencións de solo, e a Administración autonómica asuma os incrementos eventuais do seu custo.

Deste xeito, establecerase un máximo para o financiamento dos accesos por parte do municipio, que poderá procurar a implicación económica doutras administracións. Co fin de evitar incertezas nas arcas municipais, limitaranse as achegas comprometidas polo Concello da Coruña para o seu financiamento. No caso de que durante o procedemento de obtención de solo os custos superen as contías inicialmente previstas, a Xunta de Galicia asumirá a diferenza.

Para financiar os accesos, establecerase, así mesmo, unha contía máxima do concello, que poderá procurar a implicación económica doutras administracións.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, é moi importante que o proxecto compatibilice a menor afección ás vivendas coas garantías de funcionalidade do hospital, un punto no que ambas as administracións están plenamente de acordo.

A rexedora comprometeuse co Goberno galego a responder no menor tempo posible á nova proposta de convenio que envíe hoxe a Xunta e que reflectirá os aspectos acordados hoxe, co obxectivo de que poida ser asinado o antes posible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión