Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2020

O concello abre o primeiro tramo da rolda peonil na rúa Alcalde Puga y Parga

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade remata as obras de mellora desta rúa do barrio de Catro Camiños, que “humanizan a zona e inclúen a habilitación dun carril bici”, seguindo as directrices do Plan de mobilidade que o concello acaba de presentar

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, visitou a as obras de mellora da rúa Alcalde Puga y Parga, no barrio de Catro Camiños, que esta concellería xa deu por rematadas.

Deste xeito, o concello abre o primeiro tramo da rolda peonil, que nas próximas semanas tamén engadirá novos segmentos. O máis próximo, o correspondente ás obras de mellora da rúa Ramón Cabanillas.

As obras da rúa Alcalde Puga y Parga, asegura Villoslada, "humanizan a zona" e inclúen a habilitación do carril bici, que continuará pola avenida Fernández Latorre até o tramo xa executado para as e os ciclistas na rotonda de Salgado Torres. Ademais, este carril bici tamén conectará cos Mallos, onde as rúas serán ciclables, xa que terán o límite de velocidade para os vehículos en 30 km/h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión