Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de abril de 2020

O Concello retoma e pon en marcha novas obras de urbanismo e infraestruturas

A reactivación da construción permite que se continúen traballos paralizados polo estado de alarma seguindo todas as medidas de seguridade indicadas polo Ministerio de Sanidade

O Concello retomou esta semana a actividade en numerosas obras da cidade. O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, anuncia a intención da súa concellería de retomar os traballos pendentes en diferentes barrios da cidade e pór en marcha novos proxectos logo de se reactivar a actividade en sectores non esenciais.   

Villoslada sinala que todas as obras públicas que se reactivan "fano con todas as medidas de seguridade e cos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, como o uso de máscaras e o mantemento da distancia de seguridade".  

 "O Concello vixiará que as empresas cumpran as medidas de protección colectivas e individuais", indica. Ademais, incide na necesidade de proseguir cos traballos de mantemento de servizos e na importancia de axilizar as licenzas urbanísticas co fin de "axudar a reactivar a actividade económica na cidade, en termos de emprego e mantemento das cadeas produtivas".   

Ao reinicio este mércores dos labores de urbanización no cruzamento da rolda de Nelle, unense diversas obras que foron interrompidas nas últimas semanas debido ao estado de alarma provocado polo Covid-19.  Na rolda de Nelle, iniciouse a fase de humanización desta vía da cidade, a cal inclúe os traballos de pavimentación; pintar os novos cruzamentos; construír beirarrúas máis anchas; habilitar o carril bici; e plantar árbores.  

Desenvolveranse os labores de remodelación da glorieta de Ramón y Cajal, que lles afecta aos cruzamentos das rúas de Salgado Torres, Fernández Latorre e Pérez Ardá. Desde a concellería, sinalan que se comezaron os traballos de construción do carril bici na rúa Puga y Parga, na zona dos Catro Camiños, primeiro tramo da rolda peonil que unirá cinco barrios da cidade. Como xa explicou en numerosas ocasións o responsable de Urbanismo, "a cidade é das e dos peóns e as políticas de mobilidade centraranse neles".  A mellora urbana do tramo final da rúa Ramón Cabanillas, que se realiza con fondos Eidus, a modernización da eficiencia enerxética no barrio do Castrillón, o saneamento separativo da rúa Atenas, así como o mantemento de distintas áreas peonís e calzadas súmanse á lista de obras que se reactivan.  

Canto a novos proxectos, a concellería de Infraestruturas planea iniciar a ampliación da zona de xogos e da zona acolchada na área infantil na praza Elíptica, no barrio dos Rosales, un dos que contan con maior poboación infantil de toda a cidade. A través deste proxecto seleccionado nos orzamentos participativos, o Goberno local continúa co seu plan de modernizar os parque infantís. Coa reforma, o cemento rodado substituirase por caucho e céspede artificial, e instalaranse novos xogos.  Outros dos traballos é subministrar e instalar unha área biosaudable nas vivendas do Carmen, no barrio de Labañou, e ampliar a rede de fecais na rúa Correlo. 

Por outra banda, a concellería informa de que están pendentes de seren adxudicadas as obras de reforma da praza Concordia e a modernización da iluminación pública na rolda de Outeiro, no tramo entre a avenida do Exército e a avenida do Ferrocarril. Esta listaxe inclúe a urbanización das rúas Nosa Señora do Rosario e Victoria Fernández de España (con fondos Eidus) e a mellora da zona de aparcadoiro na praza de Isaac Díaz Pardo.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión