Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de xaneiro de 2020

O Goberno local aposta polos bulevares e por darlle máis espazos peonís á cidade

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada visitaron esta tarde a rúa Liaño Flores tras a reforma que lle dá un maior protagonismo ás persoas viandantes e mellora a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitaron esta tarde a rúa Liaño Flores, no Agra do Orzán, para comprobar in situ os resultados da reforma, que permite un tránsito peonil por ambas as dúas beirarrúas máis confortable ao gañar para os que a transitan a pé case cinco metros nunha e tres na outra. Ademais, a rexedora e o edil atenderon as peticións das asociacións veciñais para a zona e percorreron cos técnicos municipais e os representantes da empresa adxudicataria a vía que evita a dobre fila ao reducir a un carril o tramo que transcorre entre as rúas Mosteiro de Caaveiro e Antonio Pedreira Ríos.

A reurbanización tradúcese en máis verde e calidade de vida para as persoas residentes xa que o ensanche das beirarrúas propiciou a colocación de 17 bancos e dunha ducia de árbores. Rey valorou positivamente que en Liaño Flores se triplicase o espazo para os e as viandantes, unha medida que -dixo­- trasladarán a outras rúas nunha aposta pola sustentabilidade e a renuncia ao transporte particular.  

As obras converteron a rúa nun pequeno bulevar que implica unha mellora da súa accesibilidade e contribúe a  idea que persegue o Goberno local de eliminar todas as barreiras no barrio. Na actuación, renováronse os pavimentos e o mobiliario urbano, avellentado polo paso do tempo, cun orzamento de 254.077,80 euros (IVE incluído).

A superficie da nova calzada é de 1.967,51 metros cadrados, e a da beirarrúa corresponde a 1.871,66 metros cadrados, dos cales 771, 29 conforman o bulevar. Ao mesmo tempo, aumentouse a beirarrúa na marxe das vivendas e melloráronse todos os pasos peonís para adaptar este espazo público á normativa sobre accesibilidade vixente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión