Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2020

Infraestruturas e Mobilidade ultiman os traballos da senda exclusiva de corredores do Paseo Marítimo

A zona exclusiva para correr, que irá desde As Escravas ata Os Surfistas, poderá utilizarse desde mañá, aínda que por mor das previsións de chuvia para os vindeiros días é probable que os traballos de sinalización se atrasen ata o comezo da semana que vén

A Área de Infraestruturas e Mobilidade ultima os traballos para construír a senda exclusiva de corredores do Paseo Marítimo, que vai desde As Escravas ata Os Surfistas. Durante a xornada de hoxe, os técnicos estiveron asfaltando a zona e, previsiblemente, rematarán este serán para que Mobilidade poida comezar cos labores de sinalización da senda que estará operativa desde mañá, aínda que a sinalización non quede finalizada pola previsión de chuvia durante os vindeiros días.

A nova senda contará con sinalización vertical ao inicio e ao remate desta, e con marcas horizontais na calzada e nos pasos de peóns que indicarán que se trata dunha "zona exclusiva para correr". Ademais, pintaranse na propia senda referencias de distancias de 0, 50, 100, 500, 1.000, 1.400, 1.450 e 1.500 metros tomando como orixe As Escravas, co fin de que as persoas corredoras teñan as súas referencias. A Federación Galega de Atletismo asesorou á Área de Mobilidade no deseño destes rótulos, que terán un aspecto moi similar aos que se poden encontrar nunha pista de atletismo.

A alcaldesa asegurou que se trata dunha "medida singular, que desconxestionará o Paseo Marítimo e o carril bici e, á súa vez, tapará de forma provisional as vías do tranvía" e lembrou que "o Goberno local segue traballando no cambio de modelo de mobilidade da nosa cidade".

A creación deste carril non implica eliminar a infraestrutura do tranvía, senón que esta se tapará para que este espazo poida ser aproveitado pola veciñanza e para evitar problemas de seguridade, unha iniciativa que estará en activo, polo menos, ata que haxa unha decisión acordada sobre a utilidade e a rendibilidade das vías do tranvía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión