Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2020

Ábrense ao tráfico os carrís interiores da obra da Rolda de Nelle para continuar cos traballos nas beirarrúas

A intersección entre esta vía e a avenida de Fisterra contará con beirarrúas máis anchas, árbores e carril bici, co que se cumpre o obxectivo de humanización da zona

Hoxe abríronse ao tráfico os carrís centrais do tramo da Rolda de Nelle que leva en obras desde o pasado 21 de xaneiro, correspondente á intersección entre esta vía e a avenida de Fisterra. O obxectivo de derivar o tráfico aos carrís interiores non é outro que o de liberar os carrís exteriores para continuar cos traballos de pavimentación nas beirarrúas e para habilitar o carril bici. 

A fase na que se encontra esta obra é a correspondente aos traballos de pavimentación, pintado dos novos cruzamentos e construción de beirarrúas máis anchas, carril bici e plantación de árbores. En definitiva, a humanización desta arteria da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión