Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

4 de marzo de 2020

Comunicado Oficial

Rehabilitación do cemiterio de Santo Amaro

Co fin de aclarar as dúbidas xurdidas pola veciñanza con respecto ás obras de rehabilitación na entrada do cemiterio de Santo Amaro e, en concreto, sobre os muros de cachotería de pedra, o concello informa que:

-Tras retirar destes muros o morteiro de cemento e despois de limpalos e sanealos, estanse a cubrir de novo con morteiro de cal xa que este tipo de material non se pode deixar á vista porque quedaría desprotexido ante os axentes erosivos do ambiente.

Asemade, ao non tratarse de pedra de cantería, a normativa urbanística municipal non permite deixalos á vista porque poden sufrir danos, sobre todo, por estar tan próximo o mar.

-Segundo os técnicos municipais é tradición nas cidades galegas calear os muros para protexelos e tecnicamente é unha solución correcta e válida. Neste caso, foi Patrimonio quen requeriu que se utilizase o morteiro de cal para este proxecto que aprobou a concellería de Emprego do anterior mandato dentro dun obradoiro que, por cuestións de tempo, non se rematou e que está a finalizar agora o servizo de Edificación, todo baixo a supervisión de Patrimonio da Xunta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión