Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2020

Inés Rey visita as obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle, que avanzan a bo ritmo e segundo os prazos marcados

A alcaldesa agradeceulle á veciñanza a súa paciencia polos traballos dun proxecto complexo que entrou na súa terceira fase e que inclúe a urbanización da zona con novos espazos peonís e un carril bici

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron esta mañá as obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle para comprobar o avance do proxecto que xa entrou na súa terceira fase e que suporá unha gran transformación na mobilidade do barrio, onde os peóns terán prioridade.

A rexedora, que destacou que os traballos avanzan "a un ritmo espectacular" e dentro dos prazos previstos, valorou como "moi positivo" o feito  de que, a pesar da complexidade técnica do proxecto, "en apenas cinco días a avenida Fisterra estea aberta ao tráfico". Rey felicitou o persoal técnico e as traballadoras e traballadores da empresa por lograren en pouco tempo que os vehículos poidan circular, e as persoas responsables da área de Mobilidade e mais a Policía Local polo seu labor, "xa que os problemas de circulación e as retencións de tráfico foron mínimos".  

E, por suposto, quíxolle agradecer á veciñanza da zona "a súa paciencia" polos inconvenientes xerados polos labores de derrubamento. Non é unha obra sinxela pero si moi necesaria, dixo á vez que destacou o impacto visual que supón para as e os veciños ver tan despexada a zona sen o viaduto despois de 40 anos.   

A actuación entra na súa terceira fase de desenvolvemento. Ata o día 5 de marzo demoleranse os vans 2 e 1, así como os estribos e os muros dos estribos. Nesta fase, manterase o valado da fase 2 mais permitirase o paso peonil e de vehículos pola avenida de Fisterra. A partir do 5 de marzo, unha glorieta servirá para regular o tráfico coa avenida de Fisterra.  

Unha vez que finalice por completo a demolición e se recolla o entullo, porase en marcha o proxecto de humanización do barrio, que inclúe ampliación de beirarrúas e espazos peonís, plantación de árbores e instalación de bancos e mais dunha estación de Bicicoruña, explicou a alcaldesa durante a súa visita.   

Estación Intermodal

Canto ás obras da Intermodal, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Vlloslada, confirmou que o concello xa puxera en marcha todas as modificacións do Plan xeral de ordenación municipal que garanten os accesos á estación. "Estamos traballando de maneira conxunta coa Xunta e Adif para ultimarmos termos do convenio que debemos asinar as tres administracións", explicou.  

Villoslada confía en que nun par de semanas se poida presentar un borrador de convenio que recolla a petición de Adif de contar con máis edificabilidade no ámbito ferroviario. Peticións, reiterou, que non chocan cos intereses municipais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión