Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2022

O Concello da Coruña inviste máis de 800.000 euros en melloras no barrio de Feáns

A última actuación consistiu na restauración completa da rúa Laxe, que conecta Feáns con Novo Mesoiro

O Concello da Coruña vén de finalizar hai uns días a actuación integral na rúa Laxe, unha vía do barrio de Feáns cuxa reforma foi demandada pola asociación veciñal e que conecta a zona con Novo Mesoiro. A alcaldesa Inés Rey acudiu a comprobar o resultado dos traballos e amosou o compromiso do Goberno municipal coa mellora das distintas infraestruturas do barrio.

No que vai de mandato, o Concello investiu máis de 500.000 euros no barrio de Feáns a través de diferentes actuacións. A máis recente, a da rúa Laxe, tivo un orzamento de 350.000 euros e consistiu na restauración completa de da vía, que sumou ademais un aparcadoiro nun dos extremos e a reurbanización da rúa Calera. 

O Concello tamén ten en marcha un programa de recuperación de camiños tradicionais nos núcleos da Silva, Cances, Mesoiro, Feáns e Castro de Elviña, cun orzamento total de 88.273 euros. Por outra banda, outra das rúas máis extensas de Feáns, a rúa Correlo, tamén completou neste mandato a súa reforma coa ampliación da rede de fecais por 48.270 euros.

No ámbito do centro cívico do barrio, o Concello acometeu o acondicionamento da área recreativa por 19.997 euros e o arranxo e adaptación da instalación eléctrica do propio centro cívico, que supuxo un investimento de 5.752 euros. No cemiterio municipal de Feáns creáronse 76 novos nichos e 49 cinceiros por 63.000 euros.

Feáns sumará novas zonas verdes co Bosque de Breogán

Á marxe das actuacións levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey a través da concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, o barrio de Feáns disporá tamén este ano de novos espazos verdes grazas á creación do Bosque de Breogán, unha zona de lecer situada entre a urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns que contará con máis de 60.000 metros cadrados. 

A concellaría de Medio Ambiente traballa na actualidade nas dúas fases deste proxecto, que estará rematado este verán e que suporá a creación de zonas para pasear, lugares de prado e observación, espazos boscosos e equipamentos deportivos e recreativos. O proxecto, que conta con financiamento europeo Eidus, ten un orzamento superior aos 300.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión