Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2022

Durante o vixente mandato, o Goberno municipal de Inés Rey efectuou investimentos por valor de 1,2 millóns en Bens e a súa contorna

O Concello da Coruña pon en marcha traballos de renovación da rede de saneamento e reurbanización no núcleo de Bens

As obras, que se levarán a cabo en dúas fases diferenciadas e que comezaron hoxe no sector sur, abranguen melloras na rede de recollida de augas pluviais e as canalizacións da rede de iluminación

O Concello da Coruña, a través do servizo de Infraestruturas, comezou hoxe os traballos de reurbanización no núcleo de Bens, que abranguen diversas intervencións para renovar a rede de recollida de augas pluviais, as canalizacións da rede de iluminación e tamén no firme, rúas e beirarrúas da contorna.

As obras, que comezaron hoxe, levaranse a cabo en dúas fases diferenciadas. A primeira, no sector sur de Bens, nas rúas que conflúen no centro do núcleo de poboación partindo desde a estrada que conecta a cala coa avenida de Fisterra. A segunda fase, que se acometerá inmediatamente a continuación do remate da primeira, prevé dar continuidade aos traballos no sector centro-norte e norte do núcleo de Bens.

O Goberno municipal de Inés Rey efectuará un investimento de 750.000 euros para concretar estas melloras, que se suman ás xa executadas en Bens durante o vixente mandato, como a renovación da rede de saneamento no núcleo de Mazaído; as obras na rede de recollida de augas pluviais na vía sur do núcleo de Bens; e os traballos para a mellora de accesibilidade na beirarrúa do Centro Veciñal de Bens.

Ademais, a semana pasada, o Concello finalizou a renovación integral do firme da estrada de Bens, unha intervención en máis de 17.000 metros cadrados de pavimento na que se investiron 400.000 euros. A estrada, moi transitada e pola que tamén circula a diario a frota de camións da Planta de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de Nostián, bordea núcleos de poboación como Bens, Mazaído, A Comeanda e A Moura, así como as naves industriais da propia A Moura.

Con esta nova intervención de reurbanización que comeza hoxe, o Goberno municipal leva investidos 1,2 millóns en melloras no barrio de Bens durante o vixente mandato.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión