Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xaneiro de 2021

O Concello reurbaniza a rúa Alfonso VII e amplía o espazo peonil de San Roque

As obras suporán unha mellora substancial para a cidadanía, que desfrutará de novo mobiliario urbano e vexetación así como de máis metros cadrados para o lecer dentro dunha actuación integral en que A Coruña gañará en calidade de vida

O Concello comezou estes días as obras de mantemento de espazos peonís na rúa San Roque, en concreto no tramo que vai desde a rúa do Tren até a parada do bus urbano. A actuación de preto de 66.000 euros consiste en ampliar as beirarrúas e trasladar o paso de cebra a unha posición máis próxima á esquina co fin de que exista unha maior visibilidade tanto para as e os condutores como para a veciñanza que o cruza a pé. Deste xeito, a zona gañará en seguridade e en mobilidade para a cidadanía, que é a prioridade deste Goberno. A alcaldesa, Inés Rey, recorda que a idea de cidade se sustenta na creación de espazos públicos para o lecer con parques para as crianzas e mobiliario para o descanso das persoas maiores: "Estamos acondicionando A Coruña en función tamén do que dita a Axenda 2030 e apostamos por unha cidade sustentable que se mova a menos velocidade e use o transporte público".

Ademais, empezou a reurbanización da rúa Alfonso VII, na Falperra, que na actualidade presenta un mal estado de calzada e beirarrúas. A actuación suporá unha mellora substancial da calidade de vida do barrio xa que se lles dará un maior protagonismo ás peoas e peóns, que contarán con máis metros cadrados de beirarrúas. Ademais, manteranse as prazas de aparcamento para as persoas residentes e instalaranse bancos. A rúa contará tamén con vexetación e a obra incluirá o cruzamento con Médico Durán en que se creará unha plataforma única con árbores e mobiliario urbano de cara a favorecer a convivencia.

Para iso, Urbanismo ordenará este punto de xeito que sexa unha zona para se deter e convivir coa veciñanza e non unicamente de paso. A Falperra ten desde decembro novas prazas de residentes en Pasadizo de Pernas, polo que a redución de varias prazas para realizar esta mellora da rúa verase compensada coas engadidas o mes pasado e mais por outras catro que o Concello está pendente de habilitar nos próximos días.

Os traballos, orzamentados en 320.000 euros, englóbanse dentro do proxecto de mobilidade, en que as coruñesas e coruñeses poderán atravesar a cidade a pé por rúas coma estas dúas, aptas para o paseo, despois de ampliar beirarrúas e incorporar recursos que faciliten o desfrute nelas.

Por outra parte, retómanse as obras na avenida de Rubine, en que se están acometendo melloras na rede de recollida de pluviais así como en San Andrés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión