Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de abril de 2020

O concello vese obrigado a realizar unha reparación de urxencia nun sumidoiro da avenida das Conchiñas

A intervención de emerxencia nesta tubaxe, que estaba rota e esmagada e ten que ser substituída por unha nova, comezou ás 8.00 h desta mañá e está previsto que se prolongue varias semanas debido á gravidade da incidencia

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade informa de que esta mañá os técnicos municipais de Infraestruturas tiveron que realizar unha reparación de urxencia nun sumidoiro da avenida das Conchiñas.

Os labores de reparación comezaron ás 8.00 h desta mañá e está previsto que se prolonguen varias semanas debido á gravidade desta incidencia. Segundo o persoal técnico, a tubaxe da rede de saneamento estaba rota e esmagada, polo que resultaba imposible que a auga correse por ela. Deste xeito, abriuse unha gabia e estase substituíndo a tubaxe danada por unha nova de PVC.

Desde a concellería quérenlle trasladar á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade posto que, tal e como ditamina o estado de alarma decretado polo Goberno central, as obras da cidade están paralizadas, salvo intervencións de urxencia, como é o caso desta reparación na avenida das Conchiñas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión