Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de marzo de 2020

O Goberno municipal dálle celeridade ao proxecto da estación Intermodal

O concello acaba de publicar no BOP o informe co que integrará a estación de autobuses no conxunto de San Cristovo

O Goberno local axiliza a tramitación do proxecto da Estación Intermodal e publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o "Proxecto terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristovo" despois de que a Consellería de Infraestruturas así llo requirise por rexistro co fin de continualo e integrar este dentro do conxunto pensado para San Cristovo. De conformidade co disposto no apartado 4, da lei 3/2016, previamente á súa emisión, este informe municipal someterase ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, mediante o anuncio no BOP e nun dos xornais de maior difusión.

Durante este período, que se conta a partir do venres 6 de marzo, o día seguinte ao da súa publicación, calquera persoa interesada e o público en xeral poderán formular as alegacións que estimen procedentes. A consulta da documentación pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres; no apartado de exposición pública da web de Urbanismo https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica; ou ben na sede electrónica do concello: https://sede.coruna.gob.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión