Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de outubro de 2019

Urbanismo comprométese a incluír xogos inclusivos nos parques infantís

A concellería colaborará coa Fundación Abrente para completar unha guía sobre as igualdades de oportunidades para o ocio e o xogo na infancia a través de espazos participativos

A concellería de Urbanismo comprométese a incluír elementos que garantan a accesibilidade e a inclusión nos parques infantís que así o precisen. A presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza, reuniuse co edil Juan Manuel Díaz Villoslada para presentarlle, xunto coa autora Sara González e a súa titora Thais Pousada, a guía "Igualdade de oportunidades para o ocio e o xogo na infancia a través do deseño de espazos inclusivos e participativos: un proxecto de aprendizaxe-servizo", tema no que a alumna de Terapia Ocupacional centrou o seu traballo de fin de grao e a través do cal aborda as carencias que existen nas instalacións para a cativada, ubicadas nos distritos 1 e 6 da cidade.

O concelleiro asegurou que estudarán unha vía de colaboración co colectivo para que se poida completar o proxecto e que abranga a totalidade das infraestruturas que hai na Coruña e sinalou que actuarán nas que xa menciona Sara no libro xa que se ben en accesibilidade, os parques si se adaptan a persoas con diversidade funcional, estas non contan con xogos inclusivos en máis da metade dos analizados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión