ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do PXOM/13 referente á Norma Zonal 8 (expediente 631/2017/228)
O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 13 de outubro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Modificación puntual do PXOM/13 referente á Norma Zonal 8. Equipamentos. Aprobación inicial. Setembro 2021", redactado por Arqyur "S.C." e asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos.
En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia e artigos 144.6 e 207 do seu Regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, no seu caso, as alegacións que consideren oportunas.
O contido íntegro da modificación aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo en horario de 9.00 a 13.00 horas , previa cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou na dirección electrónica registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, no epígrafe "Exposición pública"; ou ben, desde a mesma web, a través do visor "Desenvolvemento do Plan".
A Coruña, 24 de outubro de 2022
A Directora da área de Urbanismo
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible