Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2021

Inés Rey: “Agardamos que a Xunta concrete a aportación para a urbanización do Porto”

“O meu obxectivo é obter un acordo que sexa o mellor posible para os intereses da cidade” Durante a reunión mantida coa Marea Atlántica, Villoslada incidiu na necesidade de que a Xunta cumpra cos seus compromisos financeiros, unha cuestión que “non vemos reflectida”

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou hoxe que o Concello está agardando a que se concreten as achegas da Xunta na urbanización da zona 1 do Porto. "O noso obxectivo sempre foi a defensa dos intereses da cidade e obter un acordo que sexa o mellor posible para os coruñeses e coruñesas. A Xunta debe concretar a súa aportación económica".

Sinalou que a fachada marítima é unha cuestión de "relevancia absoluta". Lembrou que é un asunto que leva agardando 17 anos. "As bases están postas desde que convoquei as administracións en febreiro,  algo que non sucedía desde hai 17 anos. Temos que dar pasos firmes e non precipitarnos ", sentenciou Rey.

Neste senso, o concelleiro de Urbanismo, Juan Diaz Villoslada, ao remate da reunión coa Marea Atlántica, afirmou que a Autoridade Portuaria remitiulles un último documento "que estamos revisando xa que cómpre realizar reaxustes e  someter á comisión xeral de todas as administracións".

Villoslada afirmou que para garantir unha boa planificación urbana é necesario un Plan Director en todo o Porto, e incidiu na necesidade de que a Xunta cumpra cos seus compromisos financeiros, unha cuestión que "non vemos reflectida".

Segundo Villoslada,  o goberno de Inés Rey continúa cun espazo "ben definido" de diálogo coas administracións competentes para acadar o máximo consenso no futuro do Porto. "É necesario acadar unha posición compartida. Buscamos o futuro da  mellor forma posible; porto é cidade e  Coruña é porto. 

Canto á  reunión do Goberno Local coa Marea Atlántica destacou que se enmarca  no marco da recuperación do diálogo co fin de abordar os temas que lle preocupan á cidade".

Asegurou que o escenario ideal para o Concello sería a condonación da débeda total ou parcial por parte de Portos do Estado, pero "o propio acordo plenario facilita buscar axudas equivalentes". Así, apuntou, o Concello busca ter unha posición importante e preferencial á hora de adquirir solos na zona 1: "Temos que darlle unha viabilidade económica e financeira á Autoridade Portuaria baixo a premisa fundamental de que esta ten que traballar pola recuperación de tráficos.

Indicou que "o reto a curto prazo máis importante é levar adiante a licitación da conexión ferroviaria con Langosteira". Neste aspecto, asegurou que a Autoridade Portuaria, o Ministerio de Fomento e ADIF están traballando "a marchas forzadas": "O Estado ten un compromiso claro que demostrou neses 171 millóns que España lle presentou a Bruxelas nos fondos de reconstrución".

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión