Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2021

Infraestruturas inicia unha obra de urxencia no cruzamento entre a avenida de Arteixo e a Rolda de Nelle

Inés Rey deu a orde de iniciar a actuación canto antes co fin de garantir a seguridade. Mañá martes procederase ao corte do tráfico nos tres ramais da avenida de Arteixo na intersección coa Rolda de Nelle.

O persoal técnico de Infraestruturas detectou problemas estruturais nos muros de contención do paso inferior da avenida de Arteixo, no cruzamento coa rolda de Nelle. Mañá, martes 21 de setembro, comezará o traballo de consolidación dos muros, unha actuación que obrigará a cortar os ramais que conectan a avenida de Arteixo coa  rolda de Nelle. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu a orde de iniciar canto antes a actuación tras coñecer os informes do persoal técnico de Infraestruturas, xa que o obxectivo é garantir a seguridade neste punto da rede viaria da cidade, unha das arterias principais de tráfico da cidade.

O persoal técnico municipal puxo en marcha hai meses un proceso de monitorización dos muros do paso inferior e tras analizar os datos encargou un informe estrutural que apunta a necesidade de intervir de urxencia na infraestrutura viaria.

Mañá martes procederase ao corte do tráfico nos tres ramais da avenida de Arteixo no cruzamento coa rolda de Nelle e manterase en servizo o carril dereito do ramal de conexión da avenida de Arteixo - rolda de Nelle no sentido de entrada da cidade.

Mobilidade está facendo un estudo pormenorizado dos datos de tráfico na zona de cara a tomar a mellor decisión en materia de mobilidade para iniciar con carácter urxente a obra que podería empezar xa a finais deste mes de setembro.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión