Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2021

O Concello e a rede Atlantic Cities valoran novas oportunidades de cooperación co Arco Atlántico

A asociación europea Atlantic Cities, da que forma parte o Concello da Coruña, representa ás cidades atlánticas membros desta rede e apoia o seu desenvolvemento común creando proxectos conxuntos. O concelleiro de Urbanismo asistiu esta mañá a unha asemblea xeral do organismo en Viana do Castelo, na que se abordou a mellora desta conexión para lles dar saída ás mercadorías dos portos e vertebrar o norte e o interior da comunidade.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, participou esta xornada na asemblea xeral anual organizada pola Rede Atlantic Cities en Viana do Castelo. Na dita asemblea abordáronse cuestións como os avances na execución da rede transeuropea de transporte (RTE-T) e do Mecanismo «Conectar Europa» (MCE) para o transporte. Neste cume en concreto defendeuse a necesidade de potenciar, no ano europeo do ferrocarril, a conexión da fachada atlántica, mellorando a estruturación da rede central da RTE-T, fortalecendo a rede ferroviaria Bilbao-A Coruña e incluíndo un tramo entre Vigo e Porto para garantir a circulación entre A Coruña e Lisboa.

O Goberno de Inés Rey fixo unha aposta forte polo corredor atlántico e o seu ramal a Galicia a través do eixe Coruña-Vigo-Ourense-León, que incluíu a UE no novo regulamento do MCE. O edil defendeu a necesidade de potenciar "as redes básicas do transporte europeo coa nova conexión portuaria, clave para lles dar saída ás mercadorías dos nosos portos e vertebrar mellor todo o norte e interior da comunidade no Arco Atlántico".

Atlantic Cities é unha asociación europea de carácter transnacional que representa os intereses e as iniciativas das autoridades locais (cidades, mancomunidades urbanas, deputacións...) ao longo do Arco Atlántico, conformado po Irlanda, Oeste de Reino Unido, Oeste de Francia, Norte de España, Illas Canarias e Portugal. A súa misión é representar ás cidades atlánticas e apoiar o seu desenvolvemento común e xestionar o interese público trasladándolles os seus problemas e necesidades aos estados, ademais de crear proxectos entre as cidades.

Pódese consultar máis información sobre a Rede Atlantic Cities na súa web: https://atlanticcities.eu/.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión