Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2022

O Concello mellorará a mobilidade nas Rañas coa creación dunha nova glorieta

A nova infraestrutura permitirá canalizar a alta densidade de tráfico da zona e aumentará os espazos peonís

O Concello da Coruña mellorará a mobilidade na zona das Rañas coa creación dunha nova glorieta. O goberno local licitará este proxecto en próximos días atendendo unha demanda da asociación veciñal, que pedía unha melloría da seguridade viaria nun espazo que acumula a diario numeroso tráfico rodado.

O lugar onde estará localizada a nova rotonda está na vía de comunicación baixo a AC-14 e conecta o polígono de Pocomaco, o núcleo das Rañas e a zona comercial de Agrela. Trátase dun cruzamento con gran fluxo de desprazamentos e cunha mala visibilidade. O obxectivo deste proxecto, por tanto, é a mellora das condicións desta intersección, tanto a visibilidade como a seguridade viaria e peonil.

Para conseguilo, proxéctase unha glorieta que ocupará o mesmo espazo existente na actualidade. Procederase á reordenacións de espazos peonís coa instalacións de pasos de peóns elevados, a mellora e ampliación das beirarrúas e a adaptación aos estándares de accesibilidade. Tamén está prevista a creación dunha zona verde con árbores no espazo central da rotonda. Por outra banda, instalaranse novos elementos de sinalización para conseguir unha mellor seguridade e renovarase a iluminación da vía.

Con este proxecto, o Goberno municipal de Inés Rey continúa avanzando na procura dunha mellora integral da mobilidade e a integración dos peóns na rúa, mellorando a súa seguridade e tendo estes preferencia. O Concello mantén un contacto constante coas asociacións veciñais para atender as necesidades que teñen nos distintos barrios da Coruña.

Unha vez licitado, este proxecto terá un prazo de execución de seis meses. O orzamento total é de 342.299,93 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión