Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aprobación inicial da MP do PXOM13 para apertura dun novo viario nos Rosales

MPX0116_Aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal 2013 para apertura dun novo viario entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao

Data:

5 de decembro de 2019

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento "Modificación puntual do PXOM/13 para apertura dun novo viario entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao. Documento para aprobación inicial. Setembro 2019", promovido polo Concello da Coruña e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, que se contará desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, se for o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou ben na sede electrónica do concello, ou no enderezo electrónico: coruna.gal/urbanismo, en "Documentos en exposición pública" e no "Visor estado desenvolvemento PXOM 2013".

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Consulta de expedientes do edificio Fernando Macías 2-10

Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio

Edificio Fernando Macías 2-10

Documentos en exposición pública

Exposición Pública

Botón de descargar o programa Adobe Reader.

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión