Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDD_0621 Aprobación inicial estudo de detalle Peñarredonda

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle Polígono R40 "Peñarredonda 1" (expediente 631/2021/130)

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 14 de setembro de 2022, coa corrección de erro material de 28 de setembro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle. Polígono R40 'Peñarredonda 1'. Febreiro 2022.", promovido pola entidade Promociones Hamburgo, S.L. e redactado pola arquitecta Carlota Robelo Pardo, colexiada nº 1199 do COAG.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do Concello, na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo, apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9.00 a 13.00 horas, previa cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose ao registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 5 de outubro de 2022

A Directora da área de Urbanismo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión