Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDD0922_Aprobación inicial estudo de detalle Grela Bens

ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle para ampliación de volumes edificatorios na Estrada Baños de Arteixo número 34, Polígono Industrial A Grela-Bens, A Coruña (expediente 631/2022/201).

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 3 de agosto de 2022 acordou aprobar inicialmente o documento denominado "ESTUDO DE DETALLE PARA AMPLIACIÓN DE VOLUMES EDIFICATORIOS. Estrada Baños de Arteixo n.º 34, Polígono Industrial A Grela - Bens, A Coruña. XULLO DE 2022", promovido por Showa Denko Carbón Spain S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, Fernando Costa González, e o enxeñeiro industrial, Alberto Castro Martínez.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes que se conta desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello, no apartado de información urbanística, na páxina web de Urbanismo e no visor "Desenvolvemento do planeamento". Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo da previa cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose a registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 4 de agosto de 2022

A directora da Área de Urbanismo

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión