Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Estudo de detalle de parcelas no cruzamento das rúas Marqués de Pontejos e San Nicolás

EDD0220_Aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas situadas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás

Data:

8 de outubro de 2020

Fecha de publicación:

29 de outubro de 2020

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 8 de outubro de 2020, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes nas parcelas situadas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás, A Coruña. Setembro 2020", promovido polo Concello da Coruña e redactado polo arquitecto Jorge Salgado Cortizas.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes que se conta desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición no taboleiro de anuncios da sede electronica do concello, na apartado información urbanística; na web de Urbanismo; e no visor "Desenvolvemento do planeamento". Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario de 9.00 a 13.00 horas, con cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou se dirixirá a registrourbanismo@coruna.es.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Consulta de expedientes do edificio Fernando Macías 2-10

Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio

Edificio Fernando Macías 2-10

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Botón de descargar o programa Adobe Reader.

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión