Aprobación da tramitación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución urbanística nas Xubias, ría do Burgo (expediente 631/2024/172)
ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 30.07.2024, acordou a tramitación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución urbanística para a renovación urbana e posta en valor do espazo litoral dos polígonos RB1, RB2 e RB3 e dos núcleos Xubias de Arriba e Xubias de Abaixo da ría do Burgo.
En cumprimento do disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 401 do seu Regulamento, unha vez que o referido convenio foi subscrito, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio e formular as alegacións que procedan.
A documentación do convenio estará a disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, no apartado de información urbanística, e na páxina web de Urbanismo, no apartado de exposición pública. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias de Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 09.00 a 13.00 horas.
A Coruña, 6 de agosto de 2024
O Concelleiro Delegado Responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11A e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2023/237).
Aprobación da tramitación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución urbanística nas Xubias, ría do Burgo (expediente 631/2024/172)
Aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible