Concello da Coruña

Concello da Coruña

Suspensión cautelar no ámbito do EL-4 (Castrillón)

EXC1221_Suspensión cautelar de planeamento de desenvolvemento, instrumentos de xestión e de execución urbanística no ámbito do EL-4 non obtido polo concello

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de maio de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"PRIMEIRO.- No marco da modificación puntual do PXOM da Norma Zonal n.º 8 relativa a equipamentos, proceder ao estudo e análise da posible modificación da cualificación urbanística dos espazos cualificados como EL-4 non obtidos polo Concello da Coruña, para os efectos de determinar a asignación do uso do solo que mellor cumpra as finalidades do principio de desenvolvemento territorial e urbano sustentable, ponderando a necesidade da execución de aparcadoiros no devandito espazo ou outros usos adecuados.

SEGUNDO.- Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, xestión do solo incluídos os de expropiación forzosa, execución material e licenzas no ámbito grafiado que se xunta ao presente acordo e nas seguintes parcelas catastrais: 9102032NJ4090S e a 9102034NJ4090S. Ao mesmo tempo, as parcelas obxecto deste acordo de suspensión que non contan con referencia catastral son as delimitadas no plano que se xunta a este acordo. Xúntase a este acordo a delimitación do ámbito de suspensión grafiada no plano que se incorpora, así como o resumo executivo. A duración máxima do acordo de suspensión será dun ano. Sen prexuízo do anterior, a dita medida cautelar poderá ser obxecto de levantamento no marco da tramitación da modificación puntual. A suspensión non afectará aos usos e actividades sinalados no art. 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

TERCEIRO.- Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do concello.

CUARTO.- Notificarlles este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento."

Publícase para xeral coñecemento.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión